"La Galicia Eterna", así titula a revista no número de xullo un interesante artículo sobre as Comarcas de Ferrol Ortegal e Terras de Ulla e Tambre.
Destaca unha costa salvaxe cunha oferta única, entre outras...
- Cabo Ortegal e Vixía Herbeira, catalogada pola Unión europea como Lugar de interés Comunitario pola singularidade morfolóxica, polo interese natural e xeolóxico
- Os cantís na confluencia do mar Cantábrico e Oceáno Atlántico, so hai 3 puntos coas richas máis antiguas que as que forman este cabo
- Vixía Herbeira cos seus 613 metros de caída vertical no cantil máis alto da Unión Europea
- Estaca de Bares a punta máis septentrional da Península Ibérica
- A fervenza do Belelle que coas súas augas tan puras dan ao pan de Neda ese sabor especial
- Os enormes arenais case virxes dónde se practican deportes de auga
- Os castelos da Palma e San Felipe, as baterías militares por todo o litoral
- O camiño milenario de santo André de Teixido, máis antigo que o Xacobeo
- Festival Internacional do Mundo Celta, en Ortigueira donde atopamos a tradición da cultura galega e o folclore
- A gastronomía coas inconfundibles materias primas: o polbo á mugardesa, os pimentos do Couto, as conservas de Cariño, o percebe de Cedeira, o pan de Neda...
En definitiva, destaca que Ferrol Ortegal ofrece como destino rural todos os servizos, a hospitalidade da xente e unha natureza salvaxe e por descubrir.
A revista Turismo Rural e unha importante publicación especializada no turismo rural, outras formas de viaxar e divertirse.
http://www.revistaturismorural.es/
http://www.ferrolortegal.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario