6/6/09
Ruta do Pan de Neda
Onte comezamos as viaxes regulares para realizar a "Ruta do Pan de Neda". Ata o día 4 de setembro todos os venres do verán contaremos con este servizo regular de visitas guiadas a través dos fornos nedenses, muíños e, como non, da Fervenza do Belelle, a razón de ser de esta tradición panadeira na vila.
As viaxes serán comercializadas polos diferentes establecementos turísticos do territorio das comarcas de Ferrol e Ortegal.
A ruta terá un custo de 10 euros/pax. Para nenos e nenas de todas as idades é gratuíto.
Desde o PDPT Ferrol-Ortegal queremos agradecer a súa colaboración ao Concello de Neda, á empresa Motus, á empresa Fertur e como non aos forneiros e forneiras de Neda (Santa Rita, O Carrizo, La Gallega, La Nueva, José Castro e Roberto González), sen os cales non sería posible a configuración deste produto turístico. Para máis información www.turismoferrolortegal.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario