27/10/09

Un observatorio astronómico na batería aresana de A Bailadora


O Plan de Dinamización PDPT Ferrol Ortegal contribúe a esta iniciativa que se iniciou coa limpeza do contorno, desbroce e melloras na instalación militar. Agora pretendése facer un mirador e un observatorio astronómico. Neste concello de Ares tamén se está rehabilitando o monasterio de Santa Catalina que tamén foi cedido por defensa.



20/10/09

I Salón Turístico de Galicia, 27 e 29 novembro en Silleda

O Plan de Dinamización Turística de Ferrol-Ortegal (PDPT), estará presente en Silleda cun stand e promocionará especialmente a comarca de Ortegal, según Pilar López, xerente do plan turístico. Así no marco de Turexpo, a riqueza de Ortegal será o destino salientado de todos os que presentará a Xunta na próxima feira. Trátase dun entorno, ainda virxe, algo que por sí solo atrae a moitos visitantes. Conta con «recursos únicos» ademais é todavía relativamente descoñecida.

6/10/09

Ferrol Ortegal quere ser un destino turístico industrial


Tras a viaxe a Barcelona para coñecer de cerca o modelo de turismo industrial, os empresarios participantes na viaxe e o Vicepresidente da Deputación da Coruña mantiveron unha reunión para valorar a experiencia e sentar as bases para reproducila no noso territorio.
Según Villamar a iniciativa favorecerá ás empresas e ao futuro da comarca, a ruta do pan de Neda e o Arsenal Militar forman parte xa da iniciativa.