11/9/09

Sensibilización co Turismo Industrial

Conscentes do que suporía para as comarcas de Eume-Ferrol-Ortegal o desenvolvemento dun produto de turismo industrial, tan en auxe noutros territorios pero relativamente innovador en Galicia, o PDPT Ferrol-Ortegal xunto coa Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio e Asociación de Hostalería de Ferrol realizarán unha viaxe de estudo a Cataluña o próximo 16 de setembro.
Na viaxe, á que se invitou aos responsables dos principais recursos industriais do territorio, coñecerase o proxecto Industria Viva que se está a desenvolver pola Xarxa de Turisme Industrial de Catalunya e visitarase Stora Enso (empresa especializada en produción de papel-cartón reciclado), o Museu Nacional de la Ciència i de la Tècnica de Catalunya (Antigo “Vapor Aymerich Amat & Jover”), o Centro de Deseño e loxística de Mango (O centro de deseño máis grande de Europa), a Planta de Biogàs de APERGAS, en Vilademuls, o Museu del Coure (Museo do cobre), a fundición de La Farga Lacambra, en Masies de Voltregà e o Museu Industrial del Ter.
A intención desta visita técnica e que os axentes sociais do territorio veñan sensibilizados co turismo industrial e cos beneficios que supón o seu desenvolvemento tanto para as súas empresas e institucións coma para o destino Eume-Ferrol-ortegal

No hay comentarios:

Publicar un comentario