15/7/09

FEVE iniciará o próximo día 18 os percorridos entre Ribadeo e Ferrolterra.


FEVE confirma á comarca como destino do seu futuro tren turístico de gama media.


José Manuel Gómez Pereda de FEVE, acompañado do vicepresidente da Diputación, Pablo Villamar,do secretario da Asociación de Hosteleiros de Ferrol, Xan Carlos López e a xerente Pilar López, anunciaron o próximo arranque do tren costeiro entre Ferrolterra e Ortegal, un servizo que se pon en marcha por terceiro verán consecutivo en colaboración co Plan de Dinamización de Produto Turístico.


Os servizos iniciaranse este sábado, día 18, na estación de Feve de Ribadeo, onde se incorporarán turistas chegados en autobús desde A Coruña. Durante dous días percorrerá as dúas comarcas, nun paquete turístico que custa 124 euros aos adultos e 65, aos nenos. Gómez Pereda asegurou que nestes momentos están xa reservadas o 50% das prazas para o primeiro servizo.



Pablo Villamar valorou moi positivamente o funcionamento deste tren entre Ferrolterra e Ortegal, mentres que Xan Carlos López cualificouno como «un produto axeitado para as demandas actuais, xa que a xente busca viaxes curtos e de proximidade, e cuns prezos asequibles».

No hay comentarios:

Publicar un comentario